Multiplica*


Achegas voluntarias con período de permanencia


Nun sistema financeiro dominado pola lóxica especulativa, en Coop57 continuamos traballando para construír outros modelos. Esta vez propomos facelo a través de Multiplica*, un novo tipo de achega voluntaria con permanencia mínima de 2 anos e unha remuneración do 1,5% anual. 
Esta ferramenta está pensada para quen quere que o seu diñeiro contribúa a construír outros modelos de economía ao servizo das persoas, á vez que se obtén un rendemento.

Que é Multiplica*:
Os teus aforros invístense en capital social
Coop57 non somos un banco, senón unha cooperativa autoxestionada e participativa que pon os recursos ao servizo do ben común. Por tanto, os aforros que poñas en Multiplica* son achegas ao noso capital social, que se destina a financiar proxectos socialmente transformadores: cooperativas, iniciativas asociativas e comunitarias, proxectos feministas, agroecolóxicos, de vivenda cooperativa ou de transición enerxética.  

Un investimento accesible, transparente e cunha remuneración
As nosas ferramentas están pensadas para coidar tanto a quen achegan os seus aforros como a quen recibe financiamento. Ademais do impacto colectivo, e a cambio deste compromiso, as persoas e entidades socias que acheguan ao capital social, recibirán unha remuneración do 1,5% anual. A devolución é posible en calquera momento, con condicións claras: se se realiza antes dos 2 anos, non se cobra a remuneración dese ano.  

Permanencia para construír estratexias a longo prazo
Con Multiplica* queremos seguir financiando proxectos transformadores que necesitan solidez e estratexias a longo prazo. Aínda que esta ferramenta expón un período mínimo de permanen-cia de 2 anos, gustaríanos que quedases moito máis e que os teus aforros pasasen a conformar os cimentos do capital social de Coop57.  Isto achegaría estabilidade á cooperativa, facendo posible que máis proxectos puidesen consolidarse, crecer e multiplicar a súa capacidade transformadora.

Investir en Coop57 é facer política desde o cotián
Multiplica* é unha proposta concreta para investir de forma consciente e entender o valor do diñeiro non como un fin, senón como unha ferramenta ao servizo da vida e o común. É unha maneira de sacar o teu diñeiro de lóxicas especulativas e polo a construír economía solidaria e transformadora. 

Con MULTIPLICA, Coop57 continuamos abrindo vías para que entre todas podamos facer crecer o que realmente importa: a economía transformadora, os proxectos arraigados no territorio e as iniciativas que sosteñen a comunidade e a vida.

Requisitos para subscribir achegas con período de permanencia en Coop57

  • Ser socia de Coop57.  Só poden facer este investimento as persoas ou entidades que xa son socias de Coop57 (colaboradoras, de servizos ou de traballo). Se aínda non o es, deberás facer primeiro a achega obrigatoria para darte de alta.
  • A achega mínima é de 1.000€ e o máximo anual depende do perfil de socia:
    • Socias colaboradoras: ata 20.000€ anuais
    • Socias de servizos: ata 50.000€ anuais
    • Socias de traballo: ata 20.000€ anuais
  • Aceptar un período de permanencia mínimo de 2 anos.  Podes solicitar a devolución en calquera momento, pero se o fas antes dos 2 anos, perderás a remuneración do ano en curso.
  • A remuneración é do 1,5% anual, suxeita a retención fiscal do 19%.
FORMULARIO DE SOLICITUDE

ENTIDADE

ACHEGAS

As entidades poden adquirir ata un máximo de 50.000 €

CONDICIÓNS