Multiplica*


Achegas voluntarias con período de permanencia


Que son as achegas voluntarias con período de permanencia?

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que recolle aforro popular para canalizalo cara ao financiamento de proxectos transformadores de economía social e solidaria. Este aforro obtense principalmente mediante achegas ao capital social da cooperativa.

As achegas ao capital social de Coop57 teñen o obxectivo de dotar á cooperativa de recursos económicos para poder desenvolver a súa actividade financeira en base aos criterios éticos e sociais establecidos colectivamente. Estas achegas permiten a Coop57 atender as solicitudes de financiamento das entidades de economía social e solidaria que recibe.

As achegas ao capital social non teñen ningún prazo de vencemento, pero pódese solicitar a súa devolución no momento que cada socia considere oportuno.
Coop57 dispón de distintas tipoloxías de achegas ao capital social, con naturezas e condicións diferenciadas.

• Achegas obrigatorias
Son as achegas que toda persoa ou entidade debe efectuar para devir socia de Coop57. A súa devolución implica causar baixa como socia.

• Achegas voluntarias
Unha vez desembolsada a achega obrigatoria, toda socia pode efectuar achegas voluntarias ao capital social. Actualmente Coop57 dispón de 3 tipoloxías de achegas voluntarias:

  • Achegas voluntarias esixibles. É a principal tipoloxía de achega que empregou Coop57 para obter aforro das súas socias. Pódense subscribir en calquera momento e pódese solicitar a súa devolución tamén en calquera momento. A devolución é inmediata e non implica ningún tipo de dedución na remuneración devengada.
  • Achegas voluntarias aos fondos propios. A súa finalidade é fortalecer os fondos propios de Coop57. Pódense subscribir en períodos pechados de emisión (actualmente, non hai ningunha emisión aberta). A súa devolución está condicionada á aprobación por parte do Consello Reitor, órgano que se reserva a posibilidade de rexeitala incondicionalmente. Pódese solicitar a súa devolución en prazos prefixados; se se solicita a devolución antes dun período mínimo, non se percibe remuneración.
  • Achegas voluntarias con período de permanencia. A súa finalidade é fomentar un aforro solidario que teña una certa estabilidade. Por este motivo, teñen un período de permanencia de 2 anos. Pódense subscribir en calquera momento e pode solicitar a súa devolución tamén en calquera momento. A devolución é inmediata, pero se é du-rante o período de permanencia inicial de 2 anos non se percibe a remuneración do ano en curso.

Esta última tipoloxía de achegas voluntarias con período de permanencia é a que pomos en marcha para ofrecer ás nosas socias maior diversidade de opcións de aforro en Coop57.

Por que Coop57 pon en marcha esta nova tipoloxía de achega?

A misión de Coop57 é contribuír á transformación da economía e da sociedade a través da actividade financeira. 

Nos últimos anos, Coop57 desenvolveu unha intensa actividade crediticia para poder dar resposta ás necesidades financeiras de proxectos transformadores de economía social e solidaria. Esta actividade crediticia fíxose grazas ás achegas ao capital social efectuadas polas nosas socias, mediante un modelo financeiro cooperativo autoxestionado.

Esta actividade crediticia reducíu os recursos dispoñibles para conceder novos préstamos. O seguinte gráfico amosa a evolución do saldo vivo de préstamos (o importe pendente de retornar dos préstamos concedidos), póndoa en relación coa evolución do saldo de achegas.

O aumento dos préstamos concedidos é debido ao propio dinamismo da economía social e solidaria: cada vez hai máis proxectos que acoden a Coop57 para financiar a súa actividade. Ademais, moitos destes proxectos están a medrar e requiren préstamos de importes máis elevados. Tamén hai que ter en conta que nos últimos anos fomos unha ferramenta fundamental para financiar iniciativas que precisan altos volumes de investimento a amortizar a moi longo prazo, como cooperativas de vivenda en cesión de uso, proxectos de enerxías renovables ou investimentos en locais para consolidar espazos propios de economía transformadora.

Para poder seguir asumindo o aumento do saldo de préstamos que leva atender as necesidades financeiras das entidades de economía social e solidaria, necesitamos aumentar o volume das achegas. E, para conseguir este obxectivo, habilitamos esta nova tipoloxía de achega voluntaria con período de permanencia para poder ofrecer ás nosas socias unha maior di-versidade de opcións para achegar os seus aforros a Coop57 que ao tempo, permita cubrir mellor as nosas necesidades de recursos.

Devolución

Pódese solicitar a devolución en calquera momento.

Se a devolución se solicicta antes do período de permanencia (2 anos), aplicarase unha penalización do 100% da remuneración do ano en curso.

Garantías

Igual que o resto de achegas ao capital social de Coop57, esta nova tipoloxía de achega voluntaria con período de permanencia está apoiada pola propia capacidade económica e financeira de Coop57.

Coop57 desenvolve unha actividade financeira como cooperativa de servizos. Non é un banco e, en consecuencia, non dispón da cobertura do Fondo de Garantía de Depósitos do Banco de España.

Coop57 artella distintos mecanismos para garantir as achegas das persoas socias:

  • Destina os seus excedentes exclusivamente a reservas.
  • Esixe ás entidades que reciben financiamento que fagan achegas adicionais ao capital social para nutrir un fondo solidario para garantir os préstamos.
  • Anualmente, dota o máximo posible as provisións para posible falta de pagamentos.
  • Acouta o límite máximo de préstamo que pode recibir unha entidade socia, de maneira que así distribúe o risco (como máximo, unha entidade non pode recibir en préstamos máis do 2% dos recursos de que dispón Coop57).
  • Mantén acordos con distintas entidades para compartir riscos e garantir os préstamos concedidos (Fondo Europeo de Investimentos, Sociedades de Garantía Recíproca, Administracións Públicas, Fundacións e outras entidades da Economía Social e Solidaria).
  • Nos casos de financiamento de locais e de proxectos de vivenda social e/ou cooperativa, pode utilizar garantías hipotecarias sobre a propiedade ou o dereito de superficie do inmoble.

Coop57 é unha cooperativa que se xestiona de forma democrática e participativa e que artella mecanismos para que os socios e socias poidan coñecer adecuadamente e en todo momento a súa situación económica e poidan participar colectivamente na toma de decisións.

Diferenzas con outras tipoloxías de achegas ao capital social

A seguinte táboa recolle as diferenzas entre as distintas tipoloxías de achegas ao capital social de Coop57.

Subscrición, desembolso, acreditación, retribución e devolución

COMO PODO SUBSCRIBIR ACHEGAS?
Enchendo o formulario web da marxe dereita. 
A través da Oficina Virtual, no menú “Peticións”, seleccionando “Nova achega con período de permanencia”.


COMO SE EFECTÚA O DESEMBOLSO PARA SUBSCRIBIR ACHEGAS?
O desembolso da achega pode efectuarse:
•    Por domiciliación bancaria.
•    Por transferencia bancaria.
•    Por un traspaso desde as achegas voluntarias esixibles ao capital social de Coop57. 

COMO SE ACREDITARÁN AS ACHEGAS?
Mediante un certificado de apertura coas condicións vixentes que estará dispoñible na Oficina Virtual nun prazo dun mes. Mentres este certificado non estea dispoñible, todas as persoas que efectuasen achegas disporán dun comprobante da solicitude que incluirá o detalle das condicións da achega.
As diferentes achegas feitas a posteriori acreditaranse mediante o extracto que se poderá consultar na oficina virtual.


COMO SE EFECTUARÁ O PAGO DA REMUNERACIÓN?

A remuneración acumularase como achega voluntaria esixible (unha vez descontada a retención fiscal).
A remuneración efectuarase cando a achega cumpra o ano de permanencia e abonarase o día 15 de cada mes para as achegas subscritas antes do día 10.

COMO HAI QUE SOLICITAR A DEVOLUCIÓN DAS ACHEGAS?
A través da Oficina Virtual, no menú “Peticións”, seleccionando “Devolución de achega con período de permanencia”.

Fiscalidade e transparencia

A remuneración das achegas voluntarias con período de permanencia é considerada como rendemento do capital mobiliario e está suxeita a retención fiscal (19% na actualidade). Como é habitual, en cumprimento estrito e transparente da normativa fiscal, Coop57 retén esa porcentaxe, abónao á autoridade fiscal e emite o pertinente certificado, que queda incorporado aos borradores das declaracións tributarias.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

ENTIDADE

ACHEGAS

As entidades poden adquirir ata un máximo de 50.000 €

CONDICIÓNS