Multiplica*


Achegas voluntarias con período de permanencia


Condicións das achegas voluntarias con período de permanencia

Finalidade
A finalidade destas achegas voluntarias é ofrecer ás nosas socias unha maior diversidade de opcións para achegar os seus aforros a Coop57 que ao tempo, nos permita cubrir mellor nosas necesidades de recursos para financiar proxectos de economía social e solidaria.

Importe por persoa

O importe mínimo é de 1.000€. O límite máximo anual que cada socia pode subscribir é o seguinte:

  • Socias colaboradoras: 20.000€
  • Socias de servizos: 50.0000€
  • Socias de traballo: 20.000€

Período de subscrición

  • Permanente
  • Valor da achega: día 15 de cada mes para as solicitudes realizadas antes do día 10

Remuneración:

  • 1,50% anual (durante os 2 primeiros anos; a partir do 3º, a remuneración será a que estableza a Asemblea Xeral).
  • Pago: anual.
  • A remuneración acumularase como achega voluntaria esixible

Período de permanencia

  • 2 anos.

Devolución
Pódese solicitar a devolución en calquera momento.
Se a devolución se solicita antes do período de permanencia, aplicarase unha penalización do 100% da remuneración do ano en curso.

Quen pode subscribir achegas
As persoas ou entidades socias de Coop57. Só as socias poden subscribir achegas ao capital social.

Garantías das achegas

Igual que o resto de achegas ao capital social de Coop57, esta nova tipoloxía de achega voluntaria con período de permanencia está apoiada pola propia capacidade económica e financeira de Coop57. Coop57 desenvolve unha actividade financeira como cooperativa de servizos. Non é un banco e, en consecuencia, non dispón da cobertura do Fondo de Garantía de Depósitos do Banco de España.

Coop57 artella distintos mecanismos para garantir as achegas das persoas socias:

  • Destina os seus excedentes exclusivamente a reservas.
  • Esixe ás entidades que reciben financiamento que fagan achegas adicionais ao capital social para nutrir un fondo solidario para garantir os préstamos.
  • Anualmente, dota o máximo posible as provisións para posible falta de pagamentos.
  • Acouta o límite máximo de préstamo que pode recibir unha entidade socia, de maneira que así distribúe o risco (como máximo, unha entidade non pode recibir en préstamos máis do 2% dos recursos de que dispón Coop57).
  • Mantén acordos con distintas entidades para compartir riscos e garantir os préstamos concedidos (Fondo Europeo de Investimentos, Sociedades de Garantía Recíproca, Administracións Públicas, Fundacións e outras entidades da Economía Social e Solidaria).
  • Nos casos de financiamento de locais e de proxectos de vivenda social e/ou cooperativa, pode utilizar garantías hipotecarias sobre a propiedade ou o dereito de superficie do inmoble.

Coop57 é unha cooperativa que se xestiona de forma democrática e participativa e que artella mecanismos para que os socios e socias poidan coñecer adecuadamente e en todo momento a súa situación económica e poidan participar colectivamente na toma de decisións.

Para subscribir achegas é necesario ler e manifestar a aceptación das presentes condicións das achegas voluntarias con período de permanencia. Podes descargar o anexo de condicións.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

ENTIDADE

ACHEGAS

As entidades poden adquirir ata un máximo de 50.000 €

CONDICIÓNS