Multiplica*
Achegas voluntarias con período de permanencia

Queremos seguir financiando o que realmente importa
2025-06-30 00:00:00
Como sabedes, este ano en Coop57 cumprimos 30 anos, e queremos seguir financiando o que realmente importa: a economía transformadora, os proxectos arraigados no territorio e as iniciativas que sosteñen a comunidade e a vida. Para iso, necesitamos estratexias a longo prazo que nos permitan facer crecer proxectos sólidos.
Por iso lanzamos Multiplica, unha nova modalidade de achega voluntaria con permanencia, pensada para construír, entre todas, uns cimentos que acheguen estabilidade a Coop57.
Cunha permanencia mínima de 2 anos e unha remuneración do 1,5 % anual, Multiplica está dirixida a quen quere que o seu diñeiro contribúa a construír modelos económicos máis emancipadores, mentres obteñen un rendemento.
FORMULARIO DE SOLICITUDE